Usuario anónimo ¿Quieres tener tu propio blog?
Crear blog gratis en OboLog

fotos do cole

por alba
viernes, 05 de enero del 2007 a las 20:06
guardado en

Onte non puiden enviar as fotos do cole asi que van agora:

Esta é o centro por fóra, a clase na que estiven e os nenos/as no rincón dos xogos

 

novas tecnoloxías

por alba
jueves, 04 de enero del 2007 a las 19:53

O centro no que realicei as prácticas é o CEIP Alfonso Daniel Rodriguez Castelao de Ordes.

Este colexio dispón dunha aula de informática con varios PC´s, sobre 20, dependendo este número dos que se avaríen ou dos novos equipos que se van mercando. Tamén hai neste aula dous ordenadores portátiles, un canón de vídeo, unha pantalla táctil, varios xogos educativos, impresoras, scáner e auriculares. Nas aulas de infantil de 5 anos teñen un ordenador, nas de 4 e 5 disponse de pantallas táctiles. No despacho do director hai un PC, outro na sala de dirección, dous máis na sala de profesores e outro na sala da ANPA.

Os nenos de entre 1º e 6º de primaria van á aula de informática unha ou dúas horas á semana, dependendo da etapa na que se atopen. Alí aprenden a manexar o rato, algúns programas sinxelos coma o word e tamén se inician na navegación por internet, coa supervisión do profesor encargado.

No meu caso tiven un gran contacto coas TIC´s no período de prácticas polo feito de que o ordenador chegou á clase a mesma semana na que comecei eu, asi que ó ver o entusiasmo que demostraban os nenos cara ó equipo, a súa mestra decidiu poñerme a cargo de comezar a utilizalo. Así cando os rapaces remataban a tarefa, viñan ó ordenador de un en un, e cos xogos que traian os seus libros de texto, ensineilles a emprega-lo rato. Sempre se mostraron moi atentos e entusiasmados con esta nova forma de aprender xa que era algo moi novedoso para eles e que os axudaba a saír da rutina.

Os dous blogs que escollín entre todos os que atopei foron: http://engalego.blogspot.com, gustoume moito porque me parece moi interesante, xa que nel se poden ler traballos publicados polo profesor creador do blog, tamén porque comparte novas ferramentas para mellorar o traballo dos docentes, ademáis é un dos poucos que atopei que estivera escrito en galego. O outro é http://redactor.blogspot.com, está creado polo mesmos profesor que o anterior e chamoume a atención porque está feito polos seus alumnos que escriben nel as súas actividades sobre diversos temas para que quen queira os poida ler e deixar a súa opinión.

Creo que unha das mellores formas de emprega-los blogs no ámbito educativo é coma neste último exemplo, paréceme moi interesante que os alumnos poidan saír da rutina desta forma, á vez que se familiarizan coas TIC´s dun xeito moi natural; ademáis, desta forma poden escribir os seus traballos ou opinións e ver as críticas, positivas ou negativas, dos demais. Outro xeito bastante importante de aproveitar os blogs na educación paréceme que son os que serven para a comunicación entre docentes, así pódense expoñer traballos ou novas ferramentas do ensino para que outras persoas poidan enriquecer a súa sabiduría con elas. 

Seguimos no cole!!!!!

por alba
jueves, 14 de diciembre del 2006 a las 17:48
guardado en

¡Hola a tod@s! Sinto non ter escrito nada desde fai tanto tempo pero estiven moi ocupada coas prácticas e con todos os traballos que temos que facer sobre elas.

A verdade é que non hai ningunha novidade interesante, todo segue moi ben, aínda que cada día vexo máis cerca o día no que se rematan as prácticas e hai que volver á normalidade. Supoño que coma vós, na escola estamos moi atarefados con tódolos preparativos do Nadal, o certo é que quedei bastante abraiada ó ver a ilusión que lle fai ós nen@s poñer o nacemento, a árbore, cantar villancicos, agardar ós reis magos...

¡Xa se me olvidaba!a semana pasada pasámolo todos moi ben na clase, xa que o martes celebramos o meu cumpleanos e fíxolles moitísima gracia que a súa "profe nova" lles levase caramelos e por iso todos me cantaron o cumpleanos feliz, en galego, en castelán e ata en inglés. Por hoxe creo que nada máis. Espero que tod@s estedes disfrutando destes días tanto coma min. Bikiños!!!!

Prácticas I

por alba
jueves, 23 de noviembre del 2006 a las 17:41
Estou facendo as miñas prácticas no colexio A.D.R. Castelao de Ordes. Na clase temos 16 nen@s de 5 anos e aínda que algún é bastante travieso estouno pasando moi ben con eles e tamén aprendendo moito. Estou moi contenta coa miña titora, á que xa coñecía porque tamén foi a miña profesora de ed.infantil; creo que ela tamén está bastante contenta conmigo porque xa me deixa darlles a clase ós nenos a min sola algunhas veces. Supoño e espero que tod@s vós estaredes igual de ilusionados ca min, porque eu xa vexo que vai chegar o día en que se acaban as prácticas e me vai dar moitísima pena ter que volver á vida cotiá e deixar ós nen@s ós que lle collín tanto cariño. Bueno, pois xa vos seguirei contando a miña experiencia outro día que agora xa non teño máis tempo. Un bikiño para todos!!!

Login

Comentarios

Prácticas I (Fufi)
Ola albita!alegrome moito que o estes pasando tan ben! disfruta moito!moitos bikiños!...(29 nov)

Más comentados

Prácticas I (1)
Estou facendo as miñas prácticas no colexio A.D.R. Castelao de Ordes. Na clase temos 16 nen@s de 5 ...
novas tecnoloxías (0)
O centro no que realicei as prácticas é o CEIP Alfonso Daniel Rodriguez Castelao de Ordes. Este ...
fotos do cole (0)
Onte non puiden enviar as fotos do cole asi que van agora: Esta é o centro por fóra, a clase na que ...
Seguimos no cole!!!!! (0)
¡Hola a tod@s! Sinto non ter escrito nada desde fai tanto tempo pero estiven moi ocupada coas ...

Suscripción

Suscríbete al Feed RSS XML

También puedes suscribirte directamente con alguno de los siguientes enlaces:

  • Suscríbete en Bloglines
  • Suscríbete en Google